Etiquetas

luns, 9 de decembro de 2013

Cometario desamortización


A desamortización española consistiu en poñer no mercado, previa expropiación forzosa e mediante unha puxa pública, as terras e bens que ata entón non se podían vender, hipotecar ou ceder e que se atopaban en poder das chamadas «mans mortas», é dicir, a Igrexa católica e as ordes relixiosas. Este longo proceso social e económico foi iniciado o finais do século XVIII coa denominada «Desamortización de Godoy» (1798) para poñer remedio á crisis financeira no reinado de Carlos IV e chegou ao seu fin na primeira metade do século XX.
Só puideron acceder a esta desamortización xentes con recursos, nunca os campesiños necesitados e máis preparados para cultivar estas terras.
A desamortización tivo as seguintes consecuencias:
  • Na economía
        - Puxo en cultivo grandes extensións de terras pouco ou mal explotadas.
        -Posibilitou alimentar a unha poboación en lento pero continuo aumento durante todo o século XIX
  • Na sociedade
    -Beneficiou ás clases acomodadas e á aristocracia; prexudicou á Igrexa, os municipios e os campesiños pobres e pequenos propietarios agrícolas.
      -Provocou unha serie de revoltas e guerras civís que inciden no campo español durante todo o século XIX.
  • Na política
      -Solucionou o problema do déficit crónico da Facenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario