Etiquetas

venres, 18 de marzo de 2011

Pirámide de poboación de España



Esta é a pirámide de poboación de España, esta pirámide ten forma regresiva, tamén chamada "as de picas", isto quere dicir que a poboación española é unha poboación envellecida, a esperanza de vida é moi alta, mentres que a natalidade é baixa, isto débese principalmente á incorporación da muller ao mercado laborar, e esta baixa natalidade pode supoñer problemas ao longo do tempo, se non se incremnta a natalidade,xa que haberá demasiada xente xubilada e poucas persoas en idade de traballar, e dicir, pouca poboación activa, e necesitaranse mais cartos para medicamentos e centros tanto para maiores como para nenos, de todos modos, a España están chegando inmigrantes, que normalmente teñen mais fillos que as mulleres españolas e aumentaría a poboación en idade activa.
Os problemas que a nosa pirámide supón poderíanse arranxar de diferentes formas, que algunhas xa se están facendo, por exemplo, subir os impostos ou retrasar a idade de xubilación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario