Etiquetas

luns, 22 de novembro de 2010

As zonas climáticas





Na terra distíngense cinco grandes zonas climáticas: unha zona cálida, dúas zonas temperadas e dúas zonas frías.
Os climas cálidos danse principalmente na zona intertropical.


  • O clima ecuatorial ten temperaturas moi cálidas e abundantes precipitacións durante todo o ano.
  • O clima tropical  ten sempre unhas temperaturas moi cálidas, pero as precipitacións son menos abundantes e concéntranse  en determinados  meses.
  • O clima desértico presenta temperaturas moi altas e escasa precipitacións.
Os climas temperados localízanse entre os trópicos e os círculos polares.
  • O clima mediterraneo ten invernos suaves e veráns moi cálidos.
  • O clima oceánico ou atlántico presenta temperatura suaves e precipitacións abundantes durante todo o ano.
  • O clima continental caracterízase por ter invernos moi fríos e veráns moi cálidos e húmidos.
Os climas fríos danse nas rexión polares e nas zonas de alta montaña.
  • O clima polar ten as temperaturas mais baixas da Terra e as precipitacións son case inexistentes.
  • O clima de alta montaña presenta temperaturas moi frías e precipitacións elevadas, a miúdo en forma de neve durante o inverno.