venres, 10 de decembro de 2010
xoves, 9 de decembro de 2010
Etapas de ampliación da Unión Europea
- 1 novembro 1993: foi establecido o Tratado da Unión Europea.
- 25 marzo 1957: os primeiros paises da Unión Europea: Alemania, Italia, Francia, Luxemburgo, Bélxica e Paises Baixos.
- 1 xaneiro 1973: tamén Reino Unido se xunta cos paises da Unión Europea.
- 1 xaneiro 1981: ampliouse outro pais máis, Grecia.
- 1 xaneiro 1986: España e Portugal foron admitidas na Unión Europea.
- 1 xaneiro 1995: Austria e Suecia sumáronse ao grupo.
- 1 maio 2004: nesta data súmase o conxunto mais grande de paises: República Checa, Polonia, Malta, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Eslovenia, Eslovaquia e Chipre.
- 1 xaneiro 2007: Bulgaria e Rumanía son os paises que completan os 27 da UNIÓN EUROPEA.
O ciclo da auga
1.Evaporación. A calor provoca a evaporación da auga que está na superficie.
2.Condensación. O vapor de auga ascende, arrefría e transfórmase en gotas de auga, o que da lugar ás nubes.
3.Precipitacións. A auga das nubes descende ao caer en forma de chuvia, neve ou sarabia.
4.Dúas terceiras partes da auga caída evaporanse volvendo á atmosfera.
5. Unha parte da auga precipitada vai dar a un río, unha lagoa ou ao mar.
6.Outra parte infíltrase na terra. Alí pode quedar formando depósitos de auga subterránea (acuíferos) ou fluír ata encontrar unha saída á superficie.
luns, 22 de novembro de 2010
As zonas climáticas
Na terra distíngense cinco grandes zonas climáticas: unha zona cálida, dúas zonas temperadas e dúas zonas frías.
Os climas cálidos danse principalmente na zona intertropical.
- O clima ecuatorial ten temperaturas moi cálidas e abundantes precipitacións durante todo o ano.
- O clima tropical ten sempre unhas temperaturas moi cálidas, pero as precipitacións son menos abundantes e concéntranse en determinados meses.
- O clima desértico presenta temperaturas moi altas e escasa precipitacións.
- O clima mediterraneo ten invernos suaves e veráns moi cálidos.
- O clima oceánico ou atlántico presenta temperatura suaves e precipitacións abundantes durante todo o ano.
- O clima continental caracterízase por ter invernos moi fríos e veráns moi cálidos e húmidos.
- O clima polar ten as temperaturas mais baixas da Terra e as precipitacións son case inexistentes.
- O clima de alta montaña presenta temperaturas moi frías e precipitacións elevadas, a miúdo en forma de neve durante o inverno.
venres, 12 de novembro de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)